viernes, 31 de julio de 2015


Concello de Verín. 6 de agosto




O CONCELHO DE VERÍN, A PROPOSTA DA CIG, CELEBRARÁ O 6 DE AGOSTO UN PLENO E ACTO PÚBLICO PARA OUTORGAR DISTINCIÓNS ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO NA COMARCA DE MONTERREI
Tras a proposta formulada pola CIG de organizar un Acto institucional de Homenaxe ás vítimas do franquismo na Comarca de Monterrei, o Grupo de Goberno do Concelho de Verín ven de tomar o acordo de celebrar, o próximo día 6 de Agosto de 2015 (xoves), un Pleno da Corporación municipal, co obxecto de outorgar tais honores e distincións aos vicinhos/as, políticos/as e sindicalistas executados, apresados e represaliados polo franquismo.
Rematado o Pleno, sobre as 21.30 horas da noite, tamén se desenvolverá, na Praza da Concelho de Verín, un acto público de homenaxe ás vítimas e entrega de distincións aos familiares.
A petición realizada pola Unión Local da CIG de Verín, o día 22 de Xulho do 2014, reiterada o día 23/04/15, persegue, e toda aponta a que vai conseguir, que o Concelho de Verín conceda, a título póstumo, a umha serie de persoas que protagonizaron a vida da nosa vila nos momentos previos e posteriores ao golpe de estado de 1936, as distincións e honores que merecen, por ter entregado as súas vidas e patrimonios á causa da liberdade e da democracia.
Ademais, preténdese proxectar tal reconhecimento non só ás persoas propostas para seren distinguidas, senón tamén a todos os represaliados/as e resistentes ao franquismo da Comarca de Monterrei (mais de 500 persoas oficialmente contabilizadas); motivo polo que a CIG fai un chamamento a toda a cidadanía á participación nos actos de homenaxe.
PROPOSTA DA CIG:
1º.- Conceder os honores e distincións, a título póstumo, que se relacionan, ás persoas que se identifican:
  1. a) Filhos predilectos da vila de Verín aos condenados, pola Sentenza Militar de 22/05/1937 (Causa 1021/1936), que se sinalan:
  • JUAN ANTONIO ÁLVAREZ DIÉGUEZ
  • ERNESTO RAMOS MÉNDEZ
  • SIXTO SALGADO FARINHAS
  • MANUEL CADAVID GARCÍA
  • LUÍS ÁLVAREZ LOSADA
  • MANUEL SOLA PAREJA
  • ENRIQUE J. CARDOSO PURIFICACIÓN
  • ADOLFO IGLESIAS RODRÍGUEZ
  • CONSTANTINO GAGO GAGO
  • RAMÓN QUINTAS GONZÁLEZ
  • FRANCISCO VAZ ÁLVAREZ
  • CELSO BLANCO CASTRO
  • MANUEL CABIDO RODRÍGUEZ
  • GREGORIO BARREIRAS MARTÍNEZ
  • JOSÉ SOLA PAREJA
  • FERNANDO SUÁREZ ÁLVAREZ
  1. b) Filhos adoptivos da vila de Verín aos condenados, pola Sentenza Militar de 22/05/1937 (Causa 1021/1936), que se sinalan:
  • CARLOS REINO CAAMANHO
  • LINO GARCÍA VÁZQUEZ
  • RICARDO GONZÁLEZ GONZÁLEZ
  • GERARDO RODRÍGUEZ BARJA
  • JOSÉ PÉREZ DELGADO
  • PEDRO JUSTO CASTRO
2º.- Conceder a insignia d’ouro do Concelho de Verín ás persoas executadas, asasinadas, fuxidas e represaliadas durante o Franquismo, naturais da Comarca de Monterrei, disponhendo a exhibición de tal insignia, con carácter permanente, nun lugar público e preferente da Casa do Concelho de Verín.
3º.- Colocar umha placa conmemorativa na fachada do Concelho de Verín, co seguinte redactado:
“O concelho e o povo de Verín en lembranza dos fusilados o día 17 de Xunho de 1937: Carlos Reino Caamanho (Alcalde de Verín), Xoán Antonio Álvarez Diéguez (Tenente Alcalde), Ernesto Ramos Méndez (Concelheiro), Sixto Salgado Farinhas (Sindicalista) e Lino García Vázquez (Director do xornal -El Nuevo Támega-), así como de todos os homes e mulheres executados/as, paseados/as, asasinados/as, fuxidos/as, aldraxados/as, violadas, humilhadas e represaliados/as polo réxime franquista”
4º.- Dar orde ao servizo correspondente do Concelho de Verín de instruír un expediente dirixido a modificar a denominación das rúas propostas no escrito de solicitude ou, no seu caso, a asignar, a outras rúas e prazas, as denominacións que se sinalan; debendo estar concluído tal trámite no prazo máximo de 12 meses.
* PRAZA DO ALCALDE CARLOS REINO CAAMANHO.
* RÚA DE LINO GARCÍA VÁZQUEZ.
* RÚA DE SIXTO SALGADO FARINHAS.
* RÚA DE XOAN ANTONIO ÁLVAREZ DIÉGUEZ.
* RÚA DE ERNESTO RAMOS MÉNDEZ.
En Verín, a 29 de Xulho do 2015

Manoel Anxo García Torres

No hay comentarios:

Publicar un comentario